Exposiciones en A Coruña

Verán no Gaiás Stay Here (EAN)

0 votos
Verán no Gaiás  Stay Here (EAN)
Verán no Gaiás Stay Here (EAN)

Museo Centro Gaiás

Monte Gaiás, s/n 15707 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 29 de Agosto al 15 de Diciembre de 2019
Horario: De 10 a 20 horas

A ambición, as relacións de poder, o estatus social, as desigualdades, as decisións desde arriba a abaixo, a competitividade… Imposible non facer calquera destas lecturas en Stay here, intervención artística de Alejandro Ginés (Sevilla, 1984), quen resultou gañador do VI Concurso de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, convocado entre os e as participantes do Encontro de Artistas Novos (EAN) 2018.

Trátase dunha peza escultórica, a modo de torre coroada por unha cadeira pregada, que converte as edificacións ideadas por John Hejduk -e construídas por Peter Eisenman no Gaiás a modo de homenaxe- nunha especie de enxeñosa matrioska na que, a través de Stay here, se convida á participación de quen a ve, tanto no seu posible manexo, como nas súas múltiples lecturas.

Este artefacto cinético establece paralelismos con certos comportamento da sociedade actual, como: o excesivo fomento do individualismo (unha única cadeira); o poder (só unha persoa pode sentarse e no cumio); ou o estatus e as desigualdades sociais (perspectiva por riba do resto).

Stay here está instalada na Torre Hejduk de cristal, mentres que na opaca estará exposta, sobre unha base alzada, a maqueta da obra a escala 1:10. Débese salientar que o xurado valorou á hora de elixir este proxecto a presenza do cinético e o cotián para suxerir novas olladas e evocacións.

Precisamente, ao longo da súa traxectoria creativa, Alejandro Ginés caracterízase por mensaxes artísticas que nos falan da dificultade do ser humano de atopar un lugar no mundo, á vez que se nos convida a unha reflexión crítica, social e individual, dentro dun contexto actual complexo.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Homo sapiens, transmisor de coñecemento

Exposiciones

Homo sapiens, transmisor de coñecemento

Lugar: Museo Pedagóxico de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 21 de Abril al 31 de Diciembre de 2019

Presentación de la Exposición Galicia [leer +]
Muestra Galicia Mágica: Romerías y Santuarios. Gustav Henningsen, fotografías etnográficas (1965-196

Exposiciones

Muestra Galicia Mágica: Romerías y Santuarios. Gustav Henningsen, fotografías etnográficas (1965-196

Lugar: - Santiago de Compostela

Fecha: del 1 de Junio al 22 de Septiembre de 2019

Presentación de la Exposición Galicia [leer +]