Exposiciones en A Coruña

Obxectivos de desenvolvemento sustentable

0 votos
Obxectivos de desenvolvemento sustentable
Obxectivos de desenvolvemento sustentable

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal

Av. de Xoán XXIII, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 23 al 29 de Febrero de 2020

Mostra bibliográfica
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un grupo de obxectivos relativos ao desenvolvemento internacional futuro. Foron creados polas Nacións Unidas e promovidos coma Obxectivos Globais para o Desenvolvemento Sustentable. Substituíron aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio que caducaron no 2015. Estes obxectivos perseguen, entre outras cousas, a igualdade das persoas, a protección do planeta e a garantía da prosperidade.

O 25 de setembro do 2015, 193 países comprometéronse con acadar os 17 obxectivos para o 2030, entre eles España a través da Axenda 2030 do Goberno.

No 3º andar da biblioteca presentamos unha selección de libros que tratan sobre cada un destes obxectivos para convidar á reflexión e aportar diferentes ideas para acadar estes obxectivos a todas as persoas que estean interesadas.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook