Exposiciones en A Coruña

Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

0 votos
Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego
Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

Torres Hejduk

Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás,, s/n 15707 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 26 de Junio al 25 de Octubre de 2020

Exposición da arquitecta Cristina García Fontán
O monte autóctono galego caracterízase polo seu terreo inculto (sen cultivo ou labor), onde cada pedra ten un nome e cada planta, un uso; e onde en moitos dos seus recunchos xermolaron lendas milenarias que alimentaron a súa identidade. É máis ca paisaxe; é contedor dun rico patrimonio cultural inmaterial. No entanto, a acción do home está a mudar o seu aspecto. Unha metamorfose física evidente coa proliferación de plantas adventicias e foráneas con consecuencias ecolóxicas, na súa estética, nos seus usos e tamén no noso xeito de relacionarnos con el.

Destes cambios nada inofensivos advírtenos a instalación nas Torres Hejduk da arquitecta Cristina García Fontán, nunha chamada de atención para que a autenticidade e identidade do noso monte non acabe reducida a peza de museo.

Para amosar e alertar desta transformación, reconstrúe na torre opaca un monte típico galego coa súa vexetación e solo característicos: musgo, liques, matogueira, breixo, toxo e herba. Un espazo pensado para escoitar, grazas a relatos que ateigan esta instalación de seres fantásticos e historias incribles ás que só o noso monte lle puido dar vida. En contraposición, na torre de cristal recréase un solo con mimosas, eucaliptos e outras adventicias que medran de forma frondosa, dificultándonos o acceso e a visión. Unha dualidade na procura dunha reflexión crítica, construtiva e colectiva.

Cristina García Fontán

Doutora arquitecta especializada en Urbanismo pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, onde imparte docencia e coordina o Grao en Paisaxe . Forma parte do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente, que desenvolve numerosos proxectos sobre a cidade e a sustentabilidade.

Como proxectos destacados en materia de paisaxe están o Corredor Verde da Almáciga, o Plan director de recuperación paisaxística do Monte do Gozo. Ademais, colaborou na redacción da Estratexia Urbana da Infraestrutura verde da Área urbana da Coruña.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A voz presente

Exposiciones

A voz presente

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 19 de Octubre al 20 de Diciembre de 2020

A biblioteca de Philip West II, [leer +]
A biblioteca de Philip West II

Exposiciones

A biblioteca de Philip West II

Lugar: Fundación Eugenio Granell - Santiago de Compostela

Fecha: del 27 de Julio al 31 de Diciembre de 2020

A biblioteca de Philip West II, [leer +]