Exposiciones en A Coruña

Viae Ad Limina Sancti Iacobi

0 votos
Viae Ad Limina Sancti Iacobi
Viae Ad Limina Sancti Iacobi

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Plaza de las Platerías, s/n 15500 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 15 de Junio al 24 de Octubre de 2020

Colección de Chencho Pardo Valdés
Viae Ad Limina Sancti Iacobi é a colección máis querida do artista Chencho Pardo Valdés, quen gardou con esmero os debuxos relativos a Galicia e pasaron a formar parte da súa colección privada. Esta exposición non só sorprende pola calidade artística dos debuxos e a súa minuciosidade, a caligrafía que os acompaña ten o estilo propio do autor. Redactadas e escritas por el mesmo con pluma seguindo un estilo histórico, confírenlle un aire melancólico ao percorrido por estas vilas e cidades representadas na sala expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago. O relato histórico é un elemento que nos vai acompañar durante a visita, pois a través do estudo heráldico realizado polo autor, remítenos a tempos de liñaxes e estirpes que gravan a súa impronta na pedra para a perpetuidade.



O Camiño de Santiago está aberto a visións e a novas interpretacións. Chencho Pardo achega as súas a través dos seus aparellos: o lapis e a cor. A realidade que o autor trae nos seus 42 debuxos materialízase de formas diversas pero coa característica común da meticulosidade. O realismo é o xusto e necesario, pero quen observa sabe que ve a practica totalidade dunha vila ou cidade galega porque capta os integrantes esenciais que forman a súa paisaxe, como un edificio ou un monte. Amais, desta maneira logra imbuír no trazo a historia do lugar, as diversas xeracións que foron conformando a localidade para darlles voz. En definitiva, unha maneira de destapar unha riqueza autóctona.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A voz presente

Exposiciones

A voz presente

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 19 de Octubre al 20 de Diciembre de 2020

Exposición da arquitecta Cristina [leer +]
Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

Exposiciones

Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

Lugar: Torres Hejduk - Santiago de Compostela

Fecha: del 26 de Junio al 25 de Octubre de 2020

Exposición da arquitecta Cristina [leer +]