Exposiciones en A Coruña

Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade

0 votos
Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade
Exposición itinerante 'Xenio, gloria e oficio' sobre Domingo de Andrade

Parque da Alameda, s/n 15705 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 27 de Julio al 15 de Agosto de 2020
Horario: 20:20/20:20

"Xenio, gloria e oficio" é a mostra coa que a Xunta de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, pon en valor a figura do arquitecto Domingo de Andrade. Trátase dunha exposición itinerante que divulgará o legado do mestre barrco na capital galega así como en Tui, Ourense e Lugo.

A importancia da mestría e oficio deste xenio da arquitectura barroca propiciou que a Real Academia Galega decidira dedicar o Día das Artes Galegas deste ano á difusión da súa figura e traxectoria artística.

Domingo de Andrade, nado na localidade de Cee, é un dos primeiros grandes arquitectos naturais de Galicia en pleno Barroco, mestre dos máis importantes artistas do século XVIII e figura destacada da arquitectura española nos dous campos onde exerceu o seu oficio, a retablista e a construción. Entre a súa traxectoria destaca a labor que realizou como aparellador maior da Catedral de Santiago ou mestre de obras nesta mesma basílica. A tripla escaleira de caracol do Museo do Pobo Galego ou a Torre do Reloxo da Catedral –a Berenguela– son xa iconas do barroco que recoñecen a meirande parte dos composteláns, galegos ou visitantes.

A súa obra esténdese moito máis alá de Santiago xa que transformou espazos emblemáticos tamén en Lugo, Ourense e A Coruña ou en espazos fundamentais para o Camiño de Santiago como Oseira ou Sobrado dos Monxes.

A exposición está comisariada polos membros da Real Academia Galega de Belas Artes, José Ramón Soraluce e Ramón Yzquierdo, está composta por 24 paneis, divididos en oito prismas, nos que se mostra a través de imaxes fotográficas, planos e textos a longa traxectoria de Domingo de Andrade así como o seu traballo en construcións relixiosas e civís como templos, vivendas, claustros, sacristías ou retablos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A voz presente

Exposiciones

A voz presente

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 19 de Octubre al 20 de Diciembre de 2020

Actividade online dentro do programa [leer +]
El mar en las coleciones de arte Abanca y Afundación

Exposiciones

El mar en las coleciones de arte Abanca y Afundación

Lugar: Centro Cultural Afundación - Santiago de Compostela

Fecha: del 1 de Junio al 30 de Septiembre de 2020

Actividade online dentro do programa [leer +]