Exposiciones en A Coruña

Conversa entre La Ribot e Juan Loriente

0 votos
Conversa entre La Ribot e Juan Loriente
Conversa entre La Ribot e Juan Loriente

Centro Galego de Arte Contemporánea

Rúa Valle Inclán, s/n 15771 - Santiago de Compostela

Teléfono: 981 546 619
Web oficial
18 de Septiembre de 2020
Horario: 20:30

Manual de uso é unha exposición da Ribott (Madrid, 1962) na que se mostra un percorrido polos seus traballos do últimos vinte anos. As obras que integran a exposición da Ribot están, como todo o seu traballo, en unión compacta da danza coas artes visuais. Para unha artista que se move entre ambos os mundos, entre teatros, auditorios, salas de exposicións, museos e mesmo feiras de arte, moitas das súas creacións foron concibidas nestas oportunidades que ten para poder abordar diferentes traballos nos que un dos condicionantes principais é a temporalidade, unha cuestión que será abordada neste proxecto no CGAC, no que poderemos ver en directo a Pièce distinguée nº45, ademais dalgunhas das súas obras en vídeo, instalacións e fotografías.

Desde principios dos noventa comeza a traballar na construción dunha obra distinta na que empeza a desenvolver as Pezas distinguidas: sós de curta duración que iría acumulando en series/espectáculos desde 1993 e que forman un compacto único entre a danza e as artes visuais, e que foron adquiridos por coleccionistas, expondo cuestións sobre o efémero, o inmaterial e o mercado da arte.

As súas coreografías teñen unha duración entre trinta segundos ata as seis horas de Laughing Hole, unha performance que foi estreada na feira Art Basel en 2006, que puido verse no MARCO de Vigo e continúa representándose por todo o mundo, como moitas outras das súas creacións.

O traballo da Ribot está estruturado nun sistema que lle permite investigar, expandir e cuestionar os límites espaciais e temporais da danza e deixar atrás as fronteiras entre público e artista, recoñecendo tamén a figura dos técnicos e dos figurantes.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

A voz presente

Exposiciones

A voz presente

Lugar: Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Fecha: del 19 de Octubre al 20 de Diciembre de 2020

Exposición da arquitecta Cristina [leer +]
Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

Exposiciones

Paisaxes incultas: Metamorfose do monte galego

Lugar: Torres Hejduk - Santiago de Compostela

Fecha: del 26 de Junio al 25 de Octubre de 2020

Exposición da arquitecta Cristina [leer +]