Ferias y Congresos en A Coruña

Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil

0 votos
Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil
Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés

Rúa Miguel González Garcés, 1 15008 - A Coruña

Teléfono: 981 170 218 / 981 170 219 / 981 170 230
Web oficial
del 11 al 30 de Abril de 2018

Celebramos a efeméride con distintas actividades
Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.

Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY é o encargado de patrocinar o Día e selecciona a un escritor ou escritora e a un ilustrador ou ilustradora para que redacten e confeccionen a mensaxe e o cartaz dirixidos a todos os nenos e nenas do mundo. Este 2018, o país encargado é Letonia: a mensaxe é unha creación da escritora e editora Inese Zandere e o cartaz, do recoñecido ilustrador Reinis Petersons.

A OEPLI e GÁLIX, xunto co resto das seccións da OEPLI, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte promoven a celebración deste día. Por iso, queremos facervos chegar este fermoso cartaz así como a mensaxe traducida ao galego e animar, coma todos anos, a que todos participedes na celebración deste día e, en especial, a facelo no concurso "Un conto de H.C. Andersen en cómic", no que participa a biblioteca e que xa temos anunciado na nosa web.

Ademáis programamos actividades especiais durante toda a semana:

​. Lectura da mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo en torno á data do 2 de abril, para celebrar o Día Internacional da LIX.

. Visitas escolares extraordinarias con CONTACONTOS:

- Martes 3 CEIP SAL LENCE, ás 10:00 horas

- Xoves 5 CEIP NUESTRA SEÑORA DEL ROSARIO, ás 10:00 horas

- Xoves 5 CEIP ALBORADA, ás 12:00 horas

. Mostra bibliográfica "Os contos de sempre".

​ Do 2 ao 30 de abril, na Sala infantil.

. Agasallos para todos os usuarios e usuarias que leven préstamos o día 2 de abril

. REDONDO, por Caramuxo. Para nenos e nenas de 1 a 4 anos e familias.

Un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia

Autoría e interpretación: Laura Sarasola e Juan Rodríguez
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook