Ferias y Congresos en A Coruña

4º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada

0 votos
4º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada
4º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada

Museo das Peregrinacións e de Santiago

Plaza de las Platerías, s/n 15500 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 7 al 10 de Noviembre de 2019

O Museo participa neste encontro de ilustración e, acolle un ano máis, varios dos actos programados
O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man de El Patito Editorial e Miguelanxo Prado, como un salón de inverno para cadernistas na cidade de Santiago. O obxectivo que persegue este evento é traer os mellores profesionais desta arte, durante a segunda fin de semana do mes de novembro, para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos asistentes.

Desde o primeiro ano conseguiron que se desprazasen á cidade 200 participantes chegados cos seus cadernos, lapis e acuarelas, desde todos os recunchos da Península Ibérica.

Na primeira edición, 2016, a temática foi o encontro en si mesmo, foi a edición de presentación e, en certa maneira, laboratorio de experimentación de acertos e erros. Na edición de 2017, a temática elixida foron os Camiños a Santiago, e todo o evento virou arredor deles a través de exposicións, charlas, lugares para debuxar… Na terceira edición, no 2018, apostaron pola Natureza Urbana, os parques e xardíns que rodean a cidade; e esta cuarta edición, 2019, dedicarana á Arquitectura Contemporánea.

Programa de Compostela Ilustrada 2019: «Arquitectura Contemporánea»:

Máis información e matrícula neste enlace

Xoves 7 de novembro

12:00 h. Acreditación e recollida da bolsa oficial no vestíbulo do Museo das Peregrinacións e de Santiago

13:00 h. Inauguración da exposición "Simplemente Santiago", de Joaquín González Dorao no Museo das Peregrinacións e de Santiago

15:45 h. Acreditación e recollida da bolsa oficial no vestíbulo do Museo

16:00 h. Realización do Segundo Premio de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada

16:30 h. Obradoiro de rúa con Amelia Palacios na Rúa do Vilar

16:30 h. Obradoiro de rúa con José Mª Lerdo de Tejada na Rúa do Vilar

16:30 h. Obradoiro de rúa con Ana Luisa Frazao na Rúa do Vilar

16:30 h. Obradoiro de rúa con Joaquín González Dorao na Rúa do Vilar

20:00 h. Inauguración da exposición "De Viaje" de Federico Granell na Galería Metro

21:30 h. Concerto Ilustrado con "Los Fabulosos Weekend" na Sala Capitol

Venres 8 de novembro

09:00 h - 12:00 h: Workshops
- Debuxando o Mercado con Laurent Corvaisier no Mercado de Abastos
- Sentir, pintar con Maru Godas na Cafetería Ferradura
- Son moitos e móvense con Vicente Sardinha no Café Casino
- Luz e cor con Isabel Carmona na Facultade de Ciencias da Comunicación
- A forza expresiva do debuxo con Federico Granell na Casa de Europa
- Fagamos que brille. Tirándolle partido á acuarela con Róisín Curé en Lasso Cafetería- Auditorio de Galicia
- Tellados de Santiago con Hugo Barros na terraza da Facultade de Xeografía e Historia

10:00 h - 13:00 h: Workshops
- O meu caderno de viaxe con Ana Grasset no Museo de Historia Natural

13:00 h. Inauguración da exposición "Postales desde...", de varios autores e autoras, na Galería Sargadelos

16:00 h. Xornadas de Ilustración Urbana. Sala Mozart do Auditorio de Galicia
- Inauguración das Xornadas
- Conferencia Pintando con Luz, Creando Memorias, por Isabel Carmona
- Conferencia O debuxo como ferramenta de comunicación, por Hugo Barros
- O proceso e o erro como ferramentas de creación, por Raúl Guridi

20:00 h. Presentación do libro "Camiño do Norte. Visións Contemporáneas", con Pilar Barral Amelia Palacios e Ana Grasset na Libraría Lila de Lilith

21:30 h. A Tapa Ilustrada no Mercado La Galiciana

Sábado 9 de novembro

09:00 h - 12:00 h. Workshops
- O proceso artístico como ferramenta de transformación con Guridi na Casa de Europa
- Son moitos e movense con Vicente Sardinha no Mercado de Abastos
- Fagamos que brillen. Tirándolle partido á acuarela, con Róisín Curé na Cafetería Lasso- Auditorio de Galicia
- Tellados de Santiago con Hugo Barros na terraza da Facultade de Xeografía e Historia
- A vida é soño: Recursos narrativos para contar historias, con Aurora Villaviejas no Museo das Peregrinacións

13:00 h. Presentación do libro "Sardinha sem lata" con Vicente Sardinha na Libraría Couceiro

16:30 h. Xornadas de Ilustración Urbana
- Conferencia Vida sobre o papel: Visións e ficcións da cidade, por Aurora Villaviejas
- Conferencia Debuxando cancións, a música como inspiración, por Federico Granell
- Conferencia My personal paradise: Discovering urban sketching in Mauritius and beyond, por Róisín Curé. (Contamos con tradutora)

20:00 h. Presentación do libro "Abitar el herror" con Guridi na Libraría Couceiro

Domingo 10 de novembro

10:00 h. Entrega do Premio Compostela Ilustrada no Café Casino. Desde alí iremos en grupo á Gran Quedada.

10:30 h. Gran quedada para debuxar no Parque de San Domingos de Bonaval

12:30 h. Foto oficial e clausura do Encontro
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

IV Congreso Internacional Performa

Ferias y Congresos

IV Congreso Internacional Performa

Lugar: Universidade de Santiago de Compostela - Santiago de Compostela

Fecha: del 27 al 29 de Noviembre de 2019