Otros en A Coruña

Sol e cardos: Campamento de verán

0 votos
Sol e cardos: Campamento de verán
Sol e cardos: Campamento de verán

Fundación Luis Seoane

Calle San Francisco, s/n 15001 - A Coruña

Teléfono: 981 216 015
Web oficial
del 22 de Junio al 17 de Julio de 2020

Campamento que acolle a obra de Luis Seoane.
Un ano máis, a Fundación Luis Seoane acollerá unha nova edición de Sol e cardos, o campamento de verán que, entre os meses de xuño e xullo, achegará a obra plástica e o pensamento de Luis Seoane a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

Sol e cardos, o campamento de verán da Fundación Luis Seoane regresa este ano cunha nova edición dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos que, de luns a venres, en horario de 10 a 14 horas, levarán a cabo unha serie de actividades ao redor da obra plástica e o pensamento de Luis Seoane. Nesta ocasión, o formato dos obradoiros inspiraráse na estrutura de Laboratorio Escóitasme?, a proposta didáctica online da Fundación Luis Seoane enfocada aos máis pequenos e ás súas familias, que se desenvolveu durante o período de alarma a través de dobres sesións teóricas e prácticas.

O custe da matrícula é de 50 euros por semana, cun 10% de desconto para grupos de dous ou máis irmáns, ou no caso de querer inscribirse en dúas ou máis semanas (prazas limitadas).
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Esfuerza Verano 2020

Otros

Esfuerza Verano 2020

Lugar: Fundación María José Jove - A Coruña

Fecha: del 1 de Julio al 18 de Septiembre de 2020