Rutas y Excursiones en A Coruña

As Nocturnas 2018

0 votos
As Nocturnas 2018
As Nocturnas 2018

Museo Centro Gaiás

Monte Gaiás, s/n 15707 - Santiago de Compostela

Web oficial
del 7 al 14 de Septiembre de 2018
5€. Á venda no Museo Centro Gaiás
Horario: 21:00

Vive unhas noites de venres diferentes no Museo Centro Gaiás! Coas Nocturnas poderás gozar dunhas visitas comentadas ás exposicións moi especiais pois en grupos reducidos e fóra do horario habitual do recinto -21h- poderás mergullarte na arte na compaña de boa música e petiscos.

As catro sesións programadas incluirán visitas comentadas ás exposicións Baldomero Pestana, a verdade entre as mans (24 e 31 de agosto) e Galicia Universal. A arte galega nas coleccións ABANCA e Afundación (7 e 14 de setembro). Nelas achegarémonos, dun xeito ameno e distendido a estas dúas mostras ben diferentes, pero igualmente imprescincibles. No caso das sesións do 24 e 31 de agosto, a actividade estará amenizada cunha pinchada de Mr.Fishman aka Dr.Think, mentres que nas de setembro a sesión DJ correrá a cargo de Álex Nite.

A primeira das xornadas contará cunha degustación de queixos, mentres que nas tres restantes poderás gozar dunha cata con explicacións máis polo miúdo. As catro, grazas á colaboración da D.O.P. Arzúa Ulloa. Deste xeito, nas Nocturnas poderás deleitar o padal, á vez que descubrir e aprender a diferenciar as diferentes características dun alimento de tanta tradición en Galicia como é o queixo.

En definitiva, unhas noitiñas de verán distendidas cun plan diferente no que combinar arte e conversas pausadas con boa música e deliciosos petiscos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook