Teatro en A Coruña

Da Avaricia, A Luxuria E A Morte

0 votos
Da Avaricia, A Luxuria E A Morte
Da Avaricia, A Luxuria E A Morte

Teatro Rosalía de Castro

Riego de Agua, 37 15001 - A Coruña

Teléfono: 981 184 348
Web oficial
23 de Febrero de 2019
Horario: 20:30

Espectáculo de teatro contemporáneo a cargo de Teatro do Noroeste
En Ligazón, a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade. "A moza, cun aceno cruel que lle crispa os labios e lle afía os ollos, dá en se chantar as tesouras na súa man, e entramentres oprime a boca do mozo coa palma ensanguentada."

En A rosa de papel o público asiste á agonía dunha "traviata" desesperada polo seu mal casar e contrariada porque os seus aforros serán malgastados por un mal home borracho e anarquista. "Simeón Julepe, entre labaradas, abrazado ao cadáver berra frenético. As langrás recúan, aspando os brazos. E toda a fragua adquire reflexos de incendio."

En A cabeza do Bautista, o patriótico indiano retornado fuxindo de xustizas, despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, reencóntrase co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con intencións retortas de recuperar herdanzas e numerarios. O golpe só ten unha saída, e pasa por transportar ao forasteiro á cova. Aplícase a conseguilo con esmero a Pepona, que con esa acción quedará irremisiblemente unida ao destino do indiano. Pero no intre final todo se disloca e o que debería ser morte faise vida sen remedio. "Os seus ollos toldados, premen, ao fulgor do facón que ergue a estadea amarela de don Igi. A Pepona, desmaiada, sente que se arrefría sobre a súa boca a boca do Jándalo."

Elenco artístico: Luma Gómez, Manuela Varela, Fernando Tato, Imma António, Miguel Pernas, Bernardo Martínez, Xan Casas e Felisa Segade
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

El Brujo: Esquilo, nacemento e morte da traxedia

Teatro

El Brujo: Esquilo, nacemento e morte da traxedia

Lugar: Teatro Colón - A Coruña

Fecha: 4 de Octubre de 2019

Un grupo de amigos de toda la vida [leer +]
Perfectos desconocidos

Teatro

Perfectos desconocidos

Lugar: Teatro Colón - A Coruña

Fecha: 16 de Noviembre de 2019

Un grupo de amigos de toda la vida [leer +]

Sorteos

El músico, pianista y compositor Júlio Resende llega el 7 de agosto al Teatro Colón de A Coruña, dentro del ciclo Selección Noroeste, del Festival Noroeste Estrella Galicia 2019.  Desde LA OPINIÓN sorteamos 3 premios de 2 entradas.

Desde el jueves 8 hasta el sábado 17 de agosto llega a A Coruña la OKTOBERFEST. Desde LA OPINIÓN queremos celebrar esta fiesta sorteando 50 invitaciones para que disfrutéis de una jornada festiva en compañía.

Encuentra los eventos de