Teatro en A Coruña

O meu mundo non é deste reino

0 votos
O meu mundo non é deste reino
O meu mundo non é deste reino

Teatro Rosalía de Castro

Riego de Agua, 37 15001 - A Coruña

Teléfono: 981 184 348
Web oficial
29 de Noviembre de 2019
Horario: 20:30

De Teatro da Ramboia dirixida por Maria Peinado Casal
Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.
Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.
Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase.
Mais Camilo e Tomás volverán representar a súa farsa, o tutilimundi volverá a abrirse e a historia volverá comezar.
En "O Meu Mundo non é deste Reino" a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.
O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
Elenco: Anxo García e Fran Lareu
Deseño iluminación: Germán Gundín
Deseño escenografía, marionetas e vestiario: María Peinado
Construcción escenografía: Armindo Salgueiro e Anxo García
Apoio escenografía: Luis Iglesias "Luchi"
Construcción marionetas: Anxo García
A compañía recomenda o espectáculo para maiores de 14 anos.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

El Cascanueces

Teatro

El Cascanueces

Lugar: Palacio de la Ópera - A Coruña

Fecha: 23 de Diciembre de 2019