Teatro en A Coruña

Dúas donas que bailan

0 votos
Dúas donas que bailan
Dúas donas que bailan

Casa de la cultura de Milladoiro

Travesía Porto, 5 15895 - Ames

Web oficial
22 de Noviembre de 2019
Horario: 21:00

Espectáculo teatral a cargo de Teatro do Atlántico
Dirección: Xúlio Lago. Elenco: María Barcala e María Ángeles Iglesias. A sabedoría de Benet i Jornet, grande mestre da dramaturxia contemporánea, aparece de maneira espléndida, unha vez máis, en Dúas donas que bailan. Neste novo agasallo teatral o autor comparte o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacables embates da sociedade insensible e cruel na que lles tocou habitar.

SINOPSE:. Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook