Teatro en A Coruña

Gaia

0 votos
Gaia
Gaia

Centro Civico Cultural de Arteixo

Paseo Balneario, 1 15142 - Arteixo

Teléfono: 981 641 803
Web oficial
27 de Abril de 2018
Horario: 18:30

Espectáculo de danza infantil a cargo da compañía Entremáns
Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia. Realiza así o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.

Gaia é un percorrido singular no que a pintura, a música, o audiovisual e a danza axúdannos a descubrir e comprender a intensidade, o poder, e a beleza das características do noso planeta e os seus tesouros naturais.

Unha historia en movemento para descubrir as características da terra, os mares e a atmosfera así como a interacción entre as persoas e o medio ambiente.

Dirección, creación e interpretación: Kirenia Martínez e Estefanía Gómez
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de