Teatro en A Coruña

Si pudiera hablar de esto no haría esto

0 votos
Si pudiera hablar de esto no haría esto
Si pudiera hablar de esto no haría esto

Pazo da Cultura

Rua Pan, s/n 15100 - Carballo

Teléfono: 981 704 300
Web oficial
27 de Abril de 2018
Horario: 20:30

Espectáculo de danza contemporánea de Janet Novás
Detrás dos procesos creativos de Janet Novás hai certas liñas ou principios recorrentes que son responsables das decisións que perfilan os seus traballos e que se dividen en dúas grandes categorías: unha de carácter intuitivo, imaxinativo e sensorial e outra que cuestiona e problematiza a primeira.

O resultado estético e ideolóxico das pezas é unha transcrición do diálogo entre estas dúas formas de pensamento. Neste proceso busca facer máis consciente que nunca este diálogo.

Hoxe sen ter moi claro como falar de "isto", quixen apropiarme de dúas citas que creo describen moi ben o traballo. A primeira é un dos puntos de partida do proceso, foi de gran inspiración e non conseguín desprenderme dela. A segunda forma parte dun escrito dunha amiga que me acompañou durante esta viaxe:

O ser que mariposea fai polo menos dúas cousas: para empezar, palpita e axítase convulsivamente, o seu corpo vai e vén sobre si mesmo, como nun baile erótico ou nun transo. Logo, o ser que mariposea erra e axítase ao tun- tún, arrastrando o seu corpo de aquí cara alá nunha especie de exploración inqueda, nunha especie de procura da que decididamente ignora cal é o obxectivo final. Nesta danza hai algo da inestabilidade fundamental do ser, unha fuxida das ideas. un poder absoluto da libre asociación, un mandato do salto, unha ruptura constante das solucións de continuidade. É por iso que da bolboreta ou do "mariposeador" dise con malicia que o malgastan todo sen fundar xamais nada sólido
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

En diciembre de 2018 el Circo del Sol representará su espectáculo OVO en A Coruña. Para celebrarlo en La Opinión sorteamos un pack de productos del mismo (taza, lámpara y bolsa)
¡Participa!

Encuentra los eventos de