Teatro en A Coruña

Babacontos con María Victoria Moreno

0 votos
Babacontos con María Victoria Moreno
Babacontos con María Victoria Moreno

Casa de la Cultura de Fene

Cño. Fonte do Campo, s/n 15500 - Fene

Web oficial
16 de Mayo de 2018
Horario: 18:00

Espectáculo de narración oral con Larraitz Urruzola
Contos de María Victoria Moreno forman gran parte do repertorio deste Babacontos. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceremos algunhas das historias do libro Mar adiante, así coma contos/poemas de Eu conto, ti contas, e o amor que a autora tiña aos canciños e tantos outros animais, da man da actriz Larraitz Urruzola.

Xogaremos a crear atmósferas poéticas, situacións que xorden da transformación da realidade, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, da inventiva, da creación efémera e espontánea.

A narradora e actriz é Larraitz Urruzola Tolosa ten máis de 25 anos de experiencia en espectáculos para público familiar. No seu percorrido profesional traballou con Babaluva, Fantoches Baj, Buratini, Cachirulo, Teatro do Liló, Os Quinquilláns e coa Productora Lúa Films fixo 60 capítulos, co papel do personaxe Pencas, para o programa de animación á lectura emitido na TVG Planeta Fantasía.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook