Teatro en A Coruña

Carpe Diem

0 votos
Carpe Diem
Carpe Diem

Casa de la cultura Pintor Llorens

Avda. do Peirao, s/n 15160 - Sada

Teléfono: 981 61 91 15
Web oficial
9 de Junio de 2019
Horario: 20:00

Espectáculo teatral a cargo da compañía Producións Teatrais Excéntricas
Elenco: Víctor Mosqueira, María Costas, Mon Orencio, Marcos Viéitez

Sinopse:

Carpe Diem é a atrevida tentativa de converter en teatro un dos mais excitantes contos do maior autor vivo na nosa língua: Rubem Fonseca, gañador do Premio Camões en 2003.

A anécdota é cinematográfica: Unha muller e un home coñecense nunha previsíbel festa de fin de ano e comezan unha relación ilícita: os dous son casados.Con outras persoas. Un caso de adulterio entre persoas da clase alta. A rotina dos amantes consiste en cinema de barrio e motel barato, moi lonxe do seu ambiente É unha aventura imaxinaria nun motel co ar condicionado avariado. Entre a fantasia do cinema e as obrigas conxugais desenvolvese este drama escaldante. En palco aparecerán o autor, manipulando as suas pequenas criaturas como se fosen ratos de laboratorio, os dous amantes, e un músico, ennobrecendo con aveludadas melodías o frívolo affaire. Non debiamos dicilo, mais todos estes asuntos, acaban por confluir nun crime. Por causa da moi daniña influencia do cinema. Porque do que se come, criase. Esta é a primeira vez que vai ser representado na Galiza, e que nos saibamos, en Portugal.

15º Aniversario Excéntricas (2004-2019)
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook