Teatro en A Coruña

O Nubinete contra o cambio climático

0 votos
O Nubinete contra o cambio climático
O Nubinete contra o cambio climático

Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal

Av. de Xoán XXIII, s/n 15704 - Santiago de Compostela

Web oficial
5 de Agosto de 2020
Horario: 12:00

Sesión de narración oral con Anxo Moure
O Nubinete contra o cambio climático, unha proposta de viaxe de contos e cantigas ate as nubes para coñecer a problemática da contaminación e cambio climático. Cun singular paraugas reciclado de nome Dameaugas conquerir que chovan contos, soños, esperanzas e futuro.

Este contacontos está baseado no libro O paraugas Dameaugas de Anxo Moure (editorial Urco) e forma parte do proxecto CUCO (Cultura contra o cambio climático).

Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata ocupar a capacidade da sala. É preciso recoller unha invitación no mostrador de información 30 minutos antes do comezo da actividade.



En aplicación das normas de funcionamento das bibliotecas de xestión autonómica a partir do 22 de xuño de 2020 ata o levantamento da emerxencia sanitaria en Galicia, a capacidade do salón de actos é máis reducida do habitual xa que debemos garantir a distancia de seguridade.

A sala está dividida en 14 grupos de cadeiras e cada un deles pode ser ocupado por ata catro persoas convivintes.

Todas as persoas maiores de 6 anos deben levar máscara. As nenas e nenos menores de 6 anos non teñen a obriga de usala, pero deben estar sempre baixo a vixilancia dunha persoa adulta que se responsabilice do cumprimento das normas de hixiene.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook