Teatro en A Coruña

Don Juan

0 votos
Don Juan
Don Juan

Museo Centro Gaiás

Monte Gaiás, s/n 15707 - Santiago de Compostela

Web oficial
29 de Enero de 2016
Horario: 20:30

Revisión deste clásico por parte da compañía Voadora, na que se parte das biografías das persoas maiores que a protagonizan

No ano 2050, España será o sétimo país máis vello do mundo, cun 38% da poboación maior de 60 anos. A terceira idade está considerada un retiro, un tempo fóra da etapa produtiva, un vestixio dun período mellor, unhas vacacións á espera da morte.
Que queres facer cando sexas maior?
Os plans seguen ata a morte e máis alá.
Don Juan comeza no tempo presente e vai cara o futuro. O hedonismo. O carpe diem. O dereito a escoller a rutina ou o cambio. Nunca é tarde nin cedo. Sempre é o momento oportuno.
VOADORA
Voadora, Premio da Crítica de Galicia 2013 na modalidade de Artes Escénicas e Audiovisuais, sorpréndenos con esta revisión do clásico Don Juan, na que se parte das biografías das persoas maiores que a protagonizan para construír con elas unha performance distinta cada vez. Recoñecida polo seu compoñente musical, estético, sorprendente e evocador e unha linguaxe moi persoal que indaga nas sensacións e nas emocións, Voadora ofrécenos desta volta un traballo cociñado a lume lento que profunda sobre algo que nos une: o amor.
FICHA ARTÍSTICA:
Dirección: Marta Pazos | Dramaturxia: Voadora a partir do Don Juan de Molière | Música orixinal: Hugo Torres e José Díaz | Iluminación: Rui Monteiro | Produción: Voadora | Coprodución: Trigo Limpo-Teatro ACERT.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados