Noticias | Agenda

Galician Connection 2014 abre o diálogo cultural de artistas galegos e figuras internacionais

O encontro, producido por Nordesía, celebrarase entre os días 4 e 6 de abril no Centro de Innovación Cultural situado no Gaiás-Cidade da Cultura de Galicia
12-02-2014 09:15
0 votos
Presentación de Galician Connection.

Presentación de Galician Connection.

Galician Connection volta a Santiago de Compostela coa súa terceira edición, para abrir de novo un espazo de interacción cultural a través da música, un lugar de encontro entre artistas galegos e internacionais e unha oportunidade para coñecer e dialogar con outras tradicións e linguaxes musicais. Galician Connection, producido por Nordesía, celebrarase entre os días 4 e 6 de abril no Centro de Innovación Cultural situado no Gaiás-Cidade da Cultura de Galicia.

Na presentación realizada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e a directora artística de Galician Connection e unha das artistas galegas máis internacionais, Cristina Pato, desveláronse os puntos clave do seu programa.

Durante tres días celebraranse diferentes actividades que porán en contacto directo aos participantes con artistas consolidados, contribuíndo a que novos talentos emerxentes se poidan formar, atopar consello, inspiración e oportunidades de colaboración mutuas. Ademais da creación, o emprendemento e o diálogo cultural, Galician Connection abordará este ano un novo elemento no mundo da creación artística: a educativa. De feito, a xornada denominada “Educa”, que terá lugar o venres 4 de abril a partir das 17.00 horas, será de balde ata completar aforo. Nesta sesión reflexionarase sobre a necesaria presenza das artes nos sistemas de ensino a través de proxectos e iniciativas de diferentes partes do mundo, incluídas galegas, nas que a música contribúe a mellorar os currículos escolares.? A xornada contará coa presenza de Damian Woetzel, ex bailarín principal do New York City Ballet, que presentará o proxecto Arts Education posto en marcha polo goberno de Obama; o profesor de Comunicación Audiovisual Xaime Fandiño, o proxecto educativo da Fundación Barrié: Educabarrié; e Antía G. Ben, quen mostrará unha selección de iniciativas pedagóxico-musicais novidosas e algúns proxectos innovadores do campo da integración da música na educación.?

Artistas participantes

Nesta edición 2014, seis serán os artistas que exerzan de mestres durante tres xornadas únicas. Serán o clarinetista sirio Kinan Azmeh; o baixista catalán Carles Benavent, figura de renome no mundo jazz e do flamenco e asiduo colaborador de Chick Corea, Camarón, Miles Davis ou Paco de Lucía; o harpista colombiano Edmar Castañeda, coñecido por integrar a harpa no estilos jazz e latin; o pianista galego Abe Rábade; a voz nada da mestizaxe palestina e galega, Najla Shami; e o percusionista e un dos educadores máis emblemáticos de Galicia: Carlos Castro.

Estes seis mestres da música conducirán un programa de formación exclusivo que inclúe clases prácticas, asistencia a ensaios e encontros "cara a cara". Deste xeito, os inscritos terán a oportunidade de concertar pequenas entrevistas individualizadas cos artistas que desexen coñecer profesionalmente, ao tempo que accederán a workshops onde afondar no coñecemento de distintas realidades musicais do mundo e aproximarse a instrumentos singulares e aos ensaios preparatorios do gran concerto final.

O fin de festa será un concerto de clausura no Museo Centro Gaiás a cargo dos músicos convidados, que interpretarán pezas de cada unha das tradicións culturais que representan e que irán artellando ao longo das tres xornadas de experimentación e colaboración. O ‘Concerto Galician Connection 2014’ terá lugar o domingo 6 de abril a partir das 19:00 horas.

As entradas xa están á venda no Punto On da Cidade da Cultura a un prezo de 12 euros e no portal www.servinova.com a 12€+gastos de xestión. Tamén será posible retirar a entrada o propio día do concerto na billeteira do Museo Centro Gaiás a un prezo de 15 euros.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de