Noticias | Agenda

Víctor Mosqueira Actor do dúo cómico Mofa e Befa no teatro Colón

"Os políticos teñen un estilo 'clown' moi marcado, aínda que eles o descoñezan"

"O noso estilo humorístico é diferente ao de Moncho Borrajo, pero compartimos con el o noso gusto polo Século de Ouro e o feito de non ter pelos na lingua"
24-02-2016 23:55
0 votos
Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, nunha actuación. bernabé / alba novoa

Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo, nunha actuación. bernabé / alba novoa

O humorista Víctor Mosqueira chega ao teatro Colón cun espectáculo que non deixará indiferente a ninguén. Farao co seu inseparable compañeiro de fatigas teatreiras Evaristo Calvo, co que forma o lonxevo dúo cómico Mofa e Befa. Xuntos, compartirán escenario co actor Moncho Borrajo nunha gala que comezará ás 21.00 horas e na que a retranca galega con altas doses de análise política estará máis presente ca nunca. As entradas poden mercarse a uns prezos que oscilan entre os 17 e os 20 euros.

-Que trae nesta ocasión a Mofa e Befa ás Noites de Retranca?

-Nesta gala realizaremos una especie de presentación a través de dous personaxes baltarianos chamados Pepe e Pepe, que reflexionan acerca da situación política que estamos a vivir. Tendo en conta que os pactos están en marcha, o guión estará suxeito á improvisación, dependendo de como vaian fluindo os acontecementos de actualidade nestes días. Isto fai que o público poida levar algunha sorpresa ao longo da actuación.

-Nesta gala coinciden con Moncho Borrajo. Traballaran xuntos anteriormente?

-Nalgunha ocasión temos coincidido en Luar. Aínda que temos estilos distintos, conectamos no gusto polo Século de Ouro, xa que él ten interpretado a Quevedo nalgunhas obras e nós tamén nos centramos nesa época nunha das nosas últimas pezas. El está indignado coa política actual, algo que amosa a través das redes sociais, e non ten pelos na lingua, coma nós. Así que será unha gala bastante cañera nese sentido.

-Atopan inspiración nas noticias políticas?

-Si, sacamos ideas de todo o que imos vendo e dámoslle un xiro persoal para non caer nos tópicos. Agora os políticos están pisándonos o terreo, xa que son uns cómicos imparables cun certo toque clown aínda que non sexan conscientes disto, e é moi difícil competir con eles. Moitos deles téñennos deixado intervencións e frases que quedarán para a posteridade, como aquela tan boa do 'despido en diferido' de Bárcenas.

-Non é a primeira vez que participa con Mofa e Befa en Noites de Retranca. Gústalle este formato?

-A min, personalmente, fáiseme algo estraño, porque está máis encamiñado aos monólogos que agora están tan de moda, os feitos por personaxes máis coñecidos pola súa traxectoria televisiva que pola teatral. Eu proveño do teatro e para min monólogo é algo máis similar ao de Lola Herrera en Cinco horas con Mario. Porén, si que entendo que, ao ser un formato moi televisivo, a xente se sinte atraída por él, e ao final é o público que manda.

-Evaristo e mais vostede cumpren máis de vinte anos levando o humor galego polos escenarios. Deben levarse moi ben.

-Coñecémonos desde hai moitísimos anos, temos claro que este é o formato que dominamos os dous porque sabemos ben como funcionamos como actores.Temos un ritmo que entronca coa picaresca do Século de Ouro, pero metemos formatos máis modernizados que conforman o que coñecemos coma teatro perralleiro, feito con moi poucos materiais que fan que brille o actor e o seu discurso.

-Quico Cadaval sería o terceiro membro de Mofa e Befa?

-Si, sería coma o quinto Beatle. Estivo desde o principio axudándonos cos guións e un pouco coa dirección. Quico colabora connosco sempre que pode e nós facemos o propio con él.

-Outros humoristas aos que admire...

-Dos clásicos, quédome con Buster Keaton, Charles Chaplin ou Lenny Bruce, ao que admiro especialmente. En Galicia hai moito talento neste campo, exemplo do cal dan, entre outros, Carlos Blanco, Isabel Risco, Touriñán, David Perdomo ou Rober Bodegas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteos

El músico, pianista y compositor Júlio Resende llega el 7 de agosto al Teatro Colón de A Coruña, dentro del ciclo Selección Noroeste, del Festival Noroeste Estrella Galicia 2019.  Desde LA OPINIÓN sorteamos 3 premios de 2 entradas.

Desde el jueves 8 hasta el sábado 17 de agosto llega a A Coruña la OKTOBERFEST. Desde LA OPINIÓN queremos celebrar esta fiesta sorteando 50 invitaciones para que disfrutéis de una jornada festiva en compañía.

Encuentra los eventos de