Dous anos despois da súa estrea no festival de teatro de Almagro, a peza Bobas & Galegas, escrita polo narrador Quico Cadaval, chegará ao Colón da man do dúo Mofa e Befa, que revisitará versos de autores do Século de Ouro ao tempo que se sumerxen na vida dos criados galegos no Madrid da época a través das aventuras de dous segadores. A cita arrincará esta tarde ás 20.30 horas e se repetirá mañá no mesmo horario.

Para esta función, o dúo composto polos actores Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo porá sobre as táboas un arsenal de improvisacións marca da casa entre as que non faltará "alguna referencia á cidade", como adianta Mosqueira.

A escenografía que Baltasar Patiño deseñou para o espectáculo Bobas & Galegas logrou posicionalo como finalista nos XVIII Premios Max de las Artes Escénicas celebrados no ano 2015. "É una escenografía moi sinxela pero moi efectiva. Está composta por cento sesenta almofadas que nos valen para recrear un mundo onírico, porque na obra se xoga moito cos soños, e os campos de trigo", explica Víctor Mosqueira.

A peza Bobas & Galegas recupera a revisión dos escritores clásicos da súa antecesora, Shakespeare para ignorantes, coa que comparte autoría. "Penso que se aqueles autores escribisen agora, xogarían moito coa política actual, de feito dalgunha maneira, aínda que son textos do século XVII son de gran actualidade, e ademais están moi ben escritos", apunta o actor, quen avanza o seu próximo proxecto: "Coa nosa compañía, Excéntricas, estrearemos A cabeza do dragón de Valle-Inclán en galego por primeira vez".