Teatro Proscrito presenta hoxe no Fórum Metropolitano Manar: a derradeira caravana, unha proposta na que a actriz Sabela Hermida conta a historia dunha muller árabe, vítima dunha guerra que golpea ao seu país e sobrevive nun campo de refuxiados sirios. Lino Braxe dirixe este espectáculo, con música de Hames Bitar, co laúde, e Luis Taberna, coa percusión.

Desde este espazo de dor e pobreza evoca o seu pasado, a súa mocidade perdida, a súa familia, os seus amores, arelas, esperanzas, a danza a música e a poesía. O espectáculo está previsto para as nove da noite. As entradas teñen un prezo de 12 euros, con descontos para diversos colectivos.