Encontros, concertos, contacontos e mostras bibliográficas daranse cita a próxima semana na cidade con motivo do Día das Letras Galegas, que contará coa participación de bibliotecas e librerías no festexo. O programa do Concello, dirixido a homenaxear á escritora María Victoria Moreno, prolongarase desde o luns 14 ata o sábado 19, e incluirá iniciativas como un concerto no Campo da Leña e unha lectura pública no balcón do Pazo Municipal.

Ao igual que o ano pasado, o Concello colaborará coas librarías para ofertar un abano de actividades próximas aos barrios. Serán 17 os centros que se sumen á celebración coa organización de máis dunha trintena de actos, entre os que haberá desde recitais ate charlas e obradoiros. "Presentamos a consecuencia dun traballo colectivo que pon en valor esa idea de Coruña Próxima", salientou o concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, durante a rolda da pasada mañá.

Xunto á das librerías, desenrolarase á programación das bibliotecas, que ofrecerán mostras bibliográficas e préstamos ilimitados de materiais en galego. Destacará o centro dos Rosales cun encontro coa escritora Emma Pedreira, previsto para o día 15 ás 18.30 horas, unha data que estará seguida o 16 cun concerto de O Leo i Arremecághona, The Tetas Van e Terbutalina a partir das 22.00 horas no Campo da Leña. Xa o propio17 terá lugar ás 12.00 horas unha lectura pública da obra de Moreno, que trasladarase ao Salón de Plenos se obriga a meteoroloxía.