BFlecha, Carla Green & The Demons, The Lákazans, Wondermind, Bea a de Estrella, Glitchgirl e The Big Lis Gumbo Band. Esas son as novas confirmacións do Festival Noroeste Estrella Galicia, que encherá de música a cidade do 7 ao 12 de agosto. As bandas, que se moven entre os ritmos do trap, o soul, o hip hop e ata o bolero, consolidan a aposta do ciclo polo traballo dos artistas locais, que se unen hoxe a un cartel dominado ata o momento polas voces femininas.

Fiel á súa filosofía de apoiar a cultura emerxente, a edición 32 do festival a abrirá unha selección de grupos dos Locais de Ensaio. Wondermind, a banda coruñesa de Sofía Pérez, será un exemplo desta aposta pola música con acento galego, á que se unirá o concerto de Bea a de Estrella.

O pop, o trap e o R&B, aunados pola electrónica, serán os protagonistas da actuación de BFlecha, que presentará nas rúas da cidade Kwalia. O mesmo xénero musical o cultivará a artista Alicia Muñoz no seu proxecto individual Glitchgirl, co que chegará ao festival. O cartel o completará o soul de Carla Green & The Demons, The Big Lis Gumbo Band e The Lákanzans, que sumarán o seu repertorio ao dos xa confirmados Ana Curra, Christina Rosenvinge, Group A, Mordem, Dona Rosa, María Arnal i Marcel Bagés e Rocío Márquez.