Noticias | Agenda

Corenta anos vivindo o folclore

A Asociación Cultural Xacarandaina cumpre catro décadas de vida, que os seus membros dedicaron a coidar a música e a danza tradicional mediante a ensinanza e a posta en escena
15-09-2018 22:59
1 voto
O Grupo de Música e de Bailes Tradicionais Xacarandaina, nos anos 80. la opinión

O Grupo de Música e de Bailes Tradicionais Xacarandaina, nos anos 80. la opinión

Nacía co empuxe vigoroso do compromiso coa terra, e coa ilusión duns membros para os que o folclore era sinónimo de vida. Nos Xardíns de Méndez Núñez, no emblemático edifico de La Terraza, Xacarandaina erixía o seu fogar fai agora 40 anos, decidida a apostar polo baile e a música de raíz logo de décadas de escura ditadura. Naquel outubro de 1978, o panorama para o patrimonio galego non era doado. Tocaba remendar os danos, alentar o propio, e combater prexuízos, unha empresa coa que a agrupación cumprirá o próximo mes catro décadas de vida.

"Os inicios foron complicados, pero a xente estaba moi ilusionada. Crearon a asociación para que os cidadáns se comprometeran coa cultura", conta o xerente de Xacarandaina, Martín Río. Daquela, a asociación non estaba soa coa súa meta, que compartía con outras entidades. A agrupación salientaba, porén, cun enfoque que a distinguía do resto, e que facía de "ir máis aló" no folclore o motor da súa actividade. "As asociacións que había estaban estancandas. Xacarandaina deulle unha volta ao tradicional, comezou a facer recollidas, e creou unha escola na que se puidera dar clase aos nenos", explica o xerente da entidade, que se atopa a piques de comezar a súa nova tempada.

Este ano, as clases seguirán na actual sede do grupo (Historiador Vedia, 3), co sabor especial da vertixe do 40 aniversario. A institución ultima aínda os detalles do festexo, no que porá a danzar ao seu Grupo de Música e de Bailes Tradicionais coa presentación dun novo espectáculo en proceso de desenrolo. O acto, que terá lugar o ano que vén, irá acompañado dunha "maior visibilidade" das actividades das aulas. Nelas, preto de 500 alumnos aprenderán disciplinas como pandeireta, gaita, baile ou coro galego, coa mirada posta en rematar sendo parte da formación profesional da entidade. "O máis popular é o baile, porque é o que levamos facendo toda a vida, e porque os nenos sempre teñen como obxectivo o grupo. Queren estar alí", di Río, que leva 31 anos na agrupación.

No seu tempo, el mesmo foi un deses alumnos esperanzados, que se botaba á pista coa mirada posta nos maiores. Aínda hoxe lembra con agarimo o momento no que conseguiu subir con eles ao escenario, debutando como un máis do grupo logo de traballar a disciplina desde a infancia. "Era algo que desexaba moitísimo, desde neno. Para min foi o momento máis importante", asegura emocionado sobre a formación.

A día de hoxe, o grupo profesional atópase nas mans do integrante de Radio Cos, Henrique Peón. A maioría dos membros que a conforman son como Río antigos alumnos da escola, que medraron da man de Xacarandaina ata conformar o que define como "unha gran familia". "Os amigos que fixen nas clases as que ía agora volven cos seus fillos, e é o mesmo: unha nova xeración igual de ilusionada ca nós cando nos traían os nosos pais", di o xerente, que sinala o feito como un dos aspectos que se mantiveron inmutables ao longo destes 40 anos. Outras cousas, porén, si que cambiaron. Nestas catro décadas de historia, da asociación mudaron os membros, dos que pasaron xa preto de 8.000, e tamén a situación do folclore, que reverdece grazas ao traballo conxunto como o que Xacarandaina realiza xunto a O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.

O colectivo, denominado XOC, persegue desde hai anos a declaración do baile galego tradicional como Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Este ano lográbase para el o recoñecemento de Ben de Interese Cultural, un dos acontecementos que Río sinala como fito destacado na traxectoria da entidade. "Vimos que a xente está cada vez máis interesada, e cada vez hai máis compromiso. Foi un paso importante para a cultura de Galicia", afirma o xerente, que observa con optimismo o rexurdimento do interese dos xóvenes pola tradición.

O que antes moitos mozos "nin probaban por vergoña" é aceptado agora como unha forma de lecer para a xuventude. "Os nenos desapúntanse de moitas actividades", pero en Xacarandaina "quedan", dispostos a aprender as súas disciplinas, para as que falta, porén, apoio institucional. "Cando miras un programa de festas, a música galega é o 5% ou o 10%. Se hai dúas décadas tiñamos 30 funcións deste tipo nun ano, agora temos 6. A xente está con máis ganas, pero hai menos visibilidade", lamenta.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteos

El próximo sábado, a las 20.30, se disputa el Deportivo - Real Oviedo y en LA OPINIÓN te invitamos a Riazor. Responde a nuestras preguntas y gana 2 entradas en Tribuna para ver el partido. Sorteamos 2 premios.

Les Luthiers visitan A Coruña, del 27 de noviembre al 1 de diciembre, y en LA OPINIÓN te invitamos a  disfrutar del espectáculo 'Viejos Hazmerreíres' en el Palacio de la Ópera.

Disfruta del espectáculo 'HISTORY OF ROCK' en Palexco el viernes 23 de noviembre. Sorteamos 18 entradas.

Encuentra los eventos de