Salientar a importancia dos eventos literarios para dar visibilidade e promocionar a industria editorial e as librarías é un dos aspectos que a escritora Pilar Pallarés tratará no pregón da Feira do Libro, que comeza mañá. A labor das bibliotecas e as librarías é calificado de "heroica" pola autora, quen resalta que este tipo de actividades fomentan as vendas e o consumo literario.

"Vou comezar facendo unhas reflexións de carácter persoal sobre a importancia que para min tivo algunha feira do libro na Coruña cando eu aínda era rapaza, pois esta supoñía a posibilidade de comprar libros e mesmo de coñecer a algún escritor", resalta a escritora.

A feira comezará co discurso da autora, este xoves ás 13.00, que destaca que sacar os libros á rúa é necesario para aportarlle un ambiente máis social ó mundo da literatura.

"A lectura foi sempre minoritaria", explica a escritora, e sinala a situación de abandono da lectura por parte de xoves e adolescentes, pois na sociedade actual "o importante é consumir outro tipo de bens e actividades máis inconscientes onde só haxa disfrute", pois a lectura implica "reflexión, tempo e calma".

Concursos, presentacións e firmas de libros son as posibilidades que a Feira do Libro oferta ata o próximo 11 de agosto. "Penso no que supuxo para min coñcer a Eduardo Blanco Amor cando era moi nova", relata Pilar Pallarés sobre unha das experiencias que lle ofreceu a Feira da Coruña.