Noticias | Agenda

Cores para medir o tempo en galego

A ilustradora Xulia Vicente edita 'O tempo cronolóxico' dentro da colección coa que A Mesa busca promover a lingua entre os nenos
08-08-2019 20:46
0 votos
A ilustradora do libro infantil 'O tempo cronolóxico', Xulia Vicente. la opinión

A ilustradora do libro infantil 'O tempo cronolóxico', Xulia Vicente. la opinión

Xulia Vicente (Cariño, 1993) estudou Belas Artes en Valencia, cunha predilección especial nese momento pola animación e o mundo do cómic. Finalmente, a súa carrera profesional foi derivando máis cara o ámbito da ilustración. Este sábado, 10 de agosto, ás 18.00 horas, presenta en Viñetas do Atlántico xunto con A Mesa pola Normalización Lingüística, o libro ilustrado O tempo cronolóxico, un exemplar adicado ao público infantil, co que se pretende que os nenos aprendan as principais unidades de medida temporal en galego.

O tempo cronolóxico forma parte dunha colección de libros promovidos por A Mesa para fomentar o emprego da lingua galega. "A particularidade deste libro para min é que era unha temática un pouco complicada de ilustrar. Por exemplo, en palabras como agosto, cada persoa pode ter unha interpretación distinta", explica Xulia Vicente.

A ilustradora destaca que está moi satisfeita con esta experiencia, e sobre todo resalta o papel das persoas que forman A Mesa, xa que a axudaron moitísimo á hora de ilustrar algunhas das palabras. "Intentamos imaxinar como é a vida dos nenos para ilustrar as diferentes palabras basándonos nas súas vidas", indica a artista.

"O meu estilo é un pouco difícil de catalogar, porque como teño bastante influencia do manga, a animación xaponesa e demais, creo que se percibe como máis infantil ou xuvenil, pero en realidade a min me interesan tamén as historias máis adultas", indica a ilustradora, que ata este intre adicouse principalmente a traballar en proxectos máis enfocados a un público moi novo.

Esta foi, ademais, a súa primeira iniciativa de ilustración na que hai un importante compoñente educativo e didáctico, aínda que en Valencia xa participara na ilustración dun libro en valenciano, sen o aspecto lingüístico-educativo de O tempo cronolóxico.

Neste libro, Xulia Vicente quixo emular os contos ilustrados que lía cando era pequena, incluíndo detalles nas ilustracións coas que sacar un sorriso aos máis pequenos. "Eu recordo que me fixaba nos detalles, e gustábame cando os ilustradores metían por exemplo, bichiños nos bordos da páxina, que non é algo que estea moi á vista, pero que cando un neno o atopa lle fai ilusión", explica a ilustradora.

Xulia Vicente tenta recrear isto, fiel ao seu estilo, no que hai influencias do manga e empregou cores vivas, esceas con moitos nenos xogando e realizando diferentes actividades para ilustrar as diferentes palabras que reflicten a temporalidade.

Espazos neutros e imaxinarios en case toda a súa totalidade compoñen a súa obra gráfica, na que esta galega residente en Valencia tentou mostrar nas árbores e naturaleza dos seus debuxos en O tempo cronolóxico a viveza e intensidade das fragas galegas. Aínda que polo momento non ten plans de volver afincarse en Galicia, está aberta a continuar con máis proxectos como este xunto A Mesa pola Normalización Lingüística. "Nunca se sabe, eu estou moi atada emocionalmente a Galicia; é o lugar de onde veño e onde máis feliz estou", confesa Xulia Vicente.

A situación dos ilustradores en España é confusa, segundo indica a artista, que lamenta que nas empresas non exista a dirección de arte, un punto fundamental para ela, porque "é a figura que mellor comprende aos ilustradores, e sabe comunicarse con eles".

A creación do material gráfico para O tempo cronolóxico ocupou a vida da ilustradora durante seis meses aproximadamente. Na actualidade volve estar inmersa na ilustración da terceira entrega da triloxía Sello de Dragón, cuxo segundo volume publicouse a pasada primavera.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteos

El músico, pianista y compositor Júlio Resende llega el 7 de agosto al Teatro Colón de A Coruña, dentro del ciclo Selección Noroeste, del Festival Noroeste Estrella Galicia 2019.  Desde LA OPINIÓN sorteamos 3 premios de 2 entradas.

Desde el jueves 8 hasta el sábado 17 de agosto llega a A Coruña la OKTOBERFEST. Desde LA OPINIÓN queremos celebrar esta fiesta sorteando 50 invitaciones para que disfrutéis de una jornada festiva en compañía.

Encuentra los eventos de