Javier Rioyo
España / 90 min. / Documental / Castelán
Ficha artística:
Benito Rabal, Lola Rabal, Nicolás Sánchez- Albornoz, Alberto Bárcena, Pablo Linares, Azucena Rodríguez "La Rubia"
Ficha técnica:
Dirección: Javier Rioyo Guión: Javier Rioyo Fotografía: Alberto Molina Edición: Pablo Blanco Produción: DOC LAND, RTVE
O Val dos Caídos foi unha obra de Franco, unha particular obsesión. El atopou o lugar, expropiou os terreos, mandou construír a calquera prezo, decidiu os seus construtores e a súa estética... A ética non estaba no guión. Unha historia a pedra e lume, un símbolo que tamén coñeceu as pelexas dentro do Réxime, franquistas contra falanxistas. Os gañadores tamén tiñan os seus perdedores. Foi, xa non segue sendo, o lugar onde baixo mil cincocentos quilos estaba enterrado un dos máis ignominiosos personaxes da nosa historia.
Javier Rioyo
(Madrid, 1952)
Licenciado en Ciencias da Información, con estudos en Políticas, Socioloxía e Filoloxía, foi subdirector de Cinemanía, columnista de El País e director de programas culturais en televisión e radio. Dirixiu, entre outras, Asaltar los cielos (1996; premiada en Tempo de Historia), Lorca, así que pasen cien años (1998; aspirante ao Emmy), A popósito de Buñuel (2000) e Extranjeros de sí mismos (2000, candidata ao Goya e seleccionada en Tempo de Historia). Actualmente é director do Instituto Cervantes de Tánxer, tras dirixir os de Nova York e Lisboa.
NUMAX