Rémi Chayé
Francia, Dinamarca / 85 min. / Animación / Francés
Ficha técnica:
Guión: Rémi Chayé, Sandra Tosello, Fabrice de Costil
Edición: Benjamin Massoubre
Música: Florencia Di Concilio
Produción: Claus Toksvig Kjaer, Claire La Combe, Henri Magalon
En 1863, Martha Jane debe aprender como manexar os cabalos dunha carruaxe para poder participar nun convoi que viaxa polo oeste dos Estados Unidos. Un día decide vestir pantalóns e cortar o pelo, xerando así unha enorme polémica que sacará a relucir o seu verdadeiro carácter fronte as innumerables dificultades que se presentan nun mundo tan grande como salvaxe e no que todo é posible. A proposta cinematográfica específica para o público máis miúdo é unha das longametraxes de animación máis agardadas do ano e que recolle a lenda da mítica heroína Calamity Jane.
2020: Mellor longametraxe no Festival de Annecy
Teatro Principal