O íntimo faise público

Acompañados pola música en directo do Trío Caspervek, Cinema Sticado volve á carga cunha emocionante viaxe polo íntimo da memoria a través dunha ollada poética que recorda, que descobre, que transforma.

PYKA é a historia e o remake dunha película desaparecida. O punto de partida é un relato familiar de Helena Varela que sitúa a súa avoa Gelines como única testemuña dunha película de animación do director de cine Sergei Eisenstein, en colaboración con Olga Lebèdev, e da cal só queda un documento sonoro e o seu título: PYKA.

Ficha artística:

Actores/manipuladores: Helena Varela e Xosel Díez

Músicos: Brais González (piano), Raquel Fernández (violín) e Blas Castañer (percusión)

Creación: Xosel Díez e Helena Varela

Dirección: Xosel Díez

Dramaturxia: Julio Fer e Xosel Díez

Monicreques humanos: Xabi Varela

Música orixinal: Brais González

Iluminación: Julio Fer

Escenografía: Xosel Díez

Vestiario: Helena Varela

Duración aproximada: 80 min

Idioma: Galego

Público: a partir de 16 anos.