Cine ao vivo • Performance • Monicreques • Obxectos • Sombras • Proxección de video • Imaxe, son e música en directo •

Prepárate para entrar nun mundo que nunca antes viras. Intriga, corrupción, asasinatos… e unha fuxida inesperada. Quererás ver máis.

Un home sixiloso (Mirlo) e unha muller soñadora (Rula) cruzarán os seus destinos nunha fuxida inesperada por culpa dun segredo a voces, unha fuxida tinguida de intriga e sangue nun mundo en desequilibrio coa natureza e os dereitos sociais e ateigado de corrupción política.

Ficha artística:

Compañía: Cinema Sticado

Creación: Xosel Díez (Es) e Helena Varela (Es)

Debuxos: Xabi Varela (Es)

Programación Pure Data: João Pinheiro (Pt)

Iluminación Led: Man Núñez (Es)

Decorados: Nola Rivera (Es)

Agradecementos especiais: Katja Vetter (Nl) (polo seu patch de Audio Slice/Jockey)

Performers en directo: Xosel Díez e Helena Varela

Tipo de espectáculo: Cine ao vivo

Xénero: Intriga

Duración aproximada: 60 Min

Público: xuvenil e adulto