Thomas Vinterberg

Dinamarca / 116 min. / Ficción / Danés

Ficha artística:

Mads Mikkelsen, Thomas Bo Larsen, Magnus Millang, Lars Ranthe, Susse Wold, Maria Bonnevie, Diem Camille Gbogou, Palmi Gudmundsson

Ficha técnica:

Guión: Tobias Lindholm, Thomas Vinterberg Fotografía: Sturla Brandth Grøvlen.

Edición: Anne Østerud, Janus Billeskov Jansen. Produción: Sisse Graum Jørgensen, Kasper Dissing

2020: Mellor actor no Festival de Cine de San Sebastián

Existe a teoría de que deberiamos nacer cunha pequena cantidade de alcol no noso sangue, e que unha lixeira embriaguez abre as nosas mentes ao mundo que nos rodea, diminuíndo os nosos problemas e aumentando a nosa creatividade. Animados por esa teoría, Martin e tres dos seus amigos, todos profesores de secundaria, embárcanse nun experimento para manter un nivel constante de intoxicación etílica ao longo da súa xornada laboral. Se Churchill gañou a II Guerra Mundial atordado polo alcol, quen sabe o que uns poucos grolos poderían facer por eles e os seus alumnos?

Thomas Vinterberg

(Frederiksberg, Dinamarca, 1969)

Rematou os seus estudos na Escola Nacional de Cinema de Dinamarca en 1993 coa película Last round, que recibiu numerosos premios e chegou a estar mesmo nomeada ao Oscar. É cofundador do movemento cinematográfico Dogma 95. A caza (2012), Dear Wendy (2004), Submarino (2010) e Kursk (2018), son algúns dos seus filmes que pasaron por Cineuropa.

Teatro Principal