Ivan Ikić
Serbia, Eslovenia, Países Baixos / 122 min. / Ficción / Serbio
Ficha artística:
Marijana Novakov, Tijana Markovic, Valentino Zenuni, Milica Djindjic, Sasa Strugar, Marusa Majer, Goran Bogdan
Ficha técnica:
Guión: Ivan Ikić
Fotografía: Milos Jacimovic
Edición: Dragan Von Petrovic
Produción: Milan e Marija Stojanovic
Á súa chegada a unha institución para persoas con diversidade funcional, María convértese rapidamente en amiga da igualmente apaixonada Dragana. Cando queda claro que ambas as dúas están namoradas do máis retraído Robert, a súa relación altérase e gradualmente e convértese nun perigoso xogo para conquistalo. Impulsadas polos seus novos sentimentos de desexo e celos, as súas accións impulsivas derruban o delicado equilibrio preservado polas asfixiantes regras da institución e desembocan en confrontacións e medidas desesperadas para atopar unha saída.
Ivan Ikić
(Belgrado, Serbia, 1982)
Estudou dirección de cinema e televisión na Facultade de Arte Dramática da Universidade de Artes de Belgrado. A súa ópera prima, Barbarians (2014), gañou o Premio Especial do Xurado en Karlovy Vary e moitos outros premios en máis de 35 festivais internacionais. En 2016, foi un dos seis directores seleccionados para a Cinefondation Residence de Cannes, onde desenvolveu Oasis.
Salón Teatro