Renato Terra, Ricardo Calil
Brasil / 83 min. / Documental / Portugués
Ficha artística:
Coa intervención de Caetano Veloso
Ficha técnica:
Guión: Renato Terra, Ricardo Calil Fotografía: Fernando Young
Edición: Henrique Alqualo, Jordana Berg Produción: Paula Lavigne, Maria Bruno
Renato Terra
Codirector, con Ricardo Calil, dos documentais Uma noite em 67 (2010), Eu sou Carlos Imperial (2016) e Narciso em férias (2020). Director de Fla x Flu: 40 minutos antes do nada (2013), Premio do Público no Festival de Río.
O 13 de decembro de 1968, a ditadura militar brasileira aprobou o quinto acto institucional. AI-5, como se coñeceu, marcou o inicio da fase máis represiva e violenta do réxime. Catorce días despois foi detido o cantautor Caetano Veloso. Tiña 26 anos e foi sacado da súa casa en São Paulo por axentes vestidos de civil que se negaron a dicirlle o porqué da súa detención. Levado a Río de Xaneiro, pechado en illamento durante unha semana e logo trasladado a outras celas, sufriu a proba máis grande da súa vida. En total, estivo na cadea durante 54 días.
Ricardo Calil
(Brasil, 1975)
Xornalista e crítico de cinema da Folha de Sao Paulo e codirector, xunto a Renato Terra, dos documentais Uma noite em 67 (2010), Eu sou Carlos Imperial (2016) e Narciso em férias (2020). En 2018 dirixiu o documental Cine Marrocos.
NUMAX