Florian Zeller
Reino Unido / 97 min. / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Anthony Hopkins, Olivia Colman, Rufus Sewell, Imogen Potts, Olivia Williams
Ficha técnica:
Guión: Christoper Hampton, Florian Zeller
Fotografía: Ben Smithard
Edición: Yogos Lampinos
Produción: Trademark Films
Anthony, un home de case 80 anos, vive só no seu apartamento de Londres e rexeita cada unha das enfermeiras que a súa filla Anne trata de impoñerlle. Con todo, esa necesidade é cada vez máis perentoria para ela, xa que decidiu trasladarse a París para vivir cun home ao que acaba de coñecer. Pronto se fai evidente que a percepción da realidade é cada vez máis confusa para Anthony.
Florian Zeller
(París, 1979)
Novelista e dramaturgo francés cuxa obra foi traducida a varios idiomas. Gañou o Premio Interallié en 2004 pola súa novela La fascination du pire e o Premio Molière por La mère no 2011. The Father é o seu primeiro traballo como director.
Teatro Principal