Rutas y excursiones

Unha experiencia saudable

1 voto

Arteixo - A Coruña
Iria Pereira O Concello de Arteixo ofrece ademais unha oferta de turismo que esperta cada día máis interese: o sendeirismo. Nos últimos tempos, os roteiros veñen suscitando [..]

Iria Pereira

O Concello de Arteixo ofrece ademais unha oferta de turismo que esperta cada día máis interese: o sendeirismo. Nos últimos tempos, os roteiros veñen suscitando gran interese por parte da poboación por mor de seren unha actividade deportiva apta para a maioría da cidadanía.

Mais, sen desprezar os beneficios para a saúde, que por suposto non son menos importantes, un roteiro non é tan só un paseo senón que ademais é unha excelente experiencia lúdica e educativa que achega o coñecemento do patrimonio,

da etnografía, da cultura e do ambiente.

Experiencia saudable

Particularizando no aspecto ambiental, as actividades de sendeirismofomentan o contacto co ambiente natural, espertando condutas de

respecto e sensibilidade cara aos elementos físicos que sustentan a nosa vida.

Un dos roteiros dos que se pode desfrutar é a Senda de Sisande. Este roteiro discorre polas parroquias arteixás de Barrañán, Chamín,Armentón, Monteagudo e Larín. A senda tomacomacentro de referencia o río de Sisalde, circulando polamesmaribeira en numerosas ocasións. O ambiente que rodea a senda é estritamente rural, polo que se pode desfrutar da natureza durante todo o percorrido.

Partindo do Areal de Barrañán, e tomando o senso antihorario, a senda pasa polos Boedos de Sisalde, Monte de Cartas, Margarida, A Telleira,OsBatáns,o Igrexario de Monteagudo, Os Barreiros,A Ibia e por último A Groba, extremo oposto e punto máis alto do roteiro. Na volta, hai que engadir como lugares de interese o Castro de Armentón, a Fraga de Sisalde e o Igrexario de Barrañán. Como elementos representativos e singulares, cómpre destacar o propio Rego de Sisalde e os seus afluentes, as dunas de Barrañán, a Fraga de Sisalde, os numerosos muíños e o Igrexario de Monteagudo, que data do século XII.

A lonxintude total da senda é de 18,8 quilómetros, existindo a posibilidade de deseñar itinerarios máis curtos ó gusto do camiñante. Existen outras rutas de sendeirismo coma a dos Areais ou a que trancorre polo paseo de Barrañán.

Unha vez rematado o percorrido pola natureza, nada mellor que repoñer forzas nun lugar de referencia coma a VinotecaORefuxio, no paseo do Balneario, onde se pode desfrutar tanto do viñocomadun bo pulpo ó Refuxio, entre outras especialidades culinarias coma as tostas ou una tabla de Ibéricos, todo aderezado cun ambiente agradable.

Galería de fotos

Mapa